lunes, 7 de abril de 2008

O Colexio de As Nogais exerce de anfitrión cos rapaces do Colexio de Becerreá

O alumnado e mestres do Colexio de As Nogais exerceron de anfitrións cos rapaces do Colexio de Becerreá, que foron invitados a visitar o centro e a pasar unha xornada de convivencia cos rapaces das Nogais.
Foi este un día cheo de actividades e xogos para os mais novos, no que se aparcaron os libros e se centraron en familiarizar a uns nenos que o vindeiro curso compartirán aula no Instituto de Becerreá.
Desde a primeira hora da mañá, comezaron as actividades en común, entre as que ademais de xogos e un paseo pola vila, os convidados tamén foron agasallados coa representación dunha obra de teatro na súa honra.
Para poñer final a esta xornada lúdico-festiva, os rapaces compartiron unha comida de confraternidade no comedor escolar.
Nos vindeiros días comezará a segunda fase deste intercambio, na que será o Colexio de As Nogais o que visite o colexio de Becerreá.
A reportaxe de mañá estará adicada a este día de convivencia no colexio de As Nogais.

No hay comentarios: