miércoles, 30 de abril de 2008

Especial Día da Nai

Flores, perfumes, roupa e xoias son os regalos máis socorridos para este día que está a caer, pero é cuestión de botarlle un pouco de imaxinación para atopar algo orixinal e diferente. A continuación, unhas pequenas ideas para sorprender ata ás nais que están de volta de todo.

Para nais amantes da natureza: este domingo é unha escusa perfecta para sorprendela con unha comida ó aire libre nalgún entorno natural. Dar un pequeno paseo e pasar unha xornada relaxada en compaña de toda a familia.

Para nais moi madrugadoras: Se madruga todos os días da semana, regálalle un domingo de descanso, cun almorzo a domicilio para comezar ben o día.

Para nais tecnolóxicas: busca os gadgets mais innovadores ou aposta por un clásico. Un reproductor mp3 coa música que a ela lle gusta para que poida entreterse mentras sae a pasear, un marco de fotos dixital, unha cámara de fotos para que inmortalice os mellores momentos ou un ordenador portatil poden ser algunhas das ideas.

Para nais que non son nada tecnolóxicas: poida que sexa un bo momento para subilas ó tren das novas tecnoloxías. Apuntaa nun curso básico de manexo de ordenadores ou de acceso a internet. Como ó día seguinte é luns, pode empezar de inmediato, antes de que se bote atrás.

Para as nais máis intelectuais: para elas, tres grandes clásicos (literatura, cine e música). Pero tamén a podes sorprender cunhas entradas para unha exposición de arte ou para o teatro.

Para as nais exclusivas: os regalos personalizados poden conseguirse hoxe en moitas tendas de todas as vilas e cidades. A gran variedade de productos que ofrecen fan que sempre exista un para cada gusto e para cada peto. Bolsos, tazas, camisetas, cadros, libretas ou axendas, son sólo algunhas das posibilidades.

Para nais solidarias: as diferentes ONG teñen tendas moi preto de ti, nas que podes atopar productos de comercio xusto tanto de alimentación como de artesanía, papelería, fogar ou moda. Algunhas teñen tendas online nas que se poden adquirir estes productos e ademais outros se cabe ainda máis solidarios.

Para as nais cocinillas: un curso de cociña, repostería ou incluso alta cociña ou cociña exótica podería sorprendela moi gratamente.

Para nais ecolóxicas: adopta no seu nome un laranxo en Valencia ou unha ovella en Segovia e recibirá na súa casa, ademais dunha foto, parte da producción do laranxo ou da ovella.

A intención é sorprendela, polo que os fillos andan os días anteriores á búsqueda do regalo perfecto para ela. Pero non sempre o regalo máis caro é o que mais gusta. A proba é que todas as nais gardan ou recordan os agasallos que os seus fillos lles traían para este día do colexio.

Aínda non é tarde para atopar o regalo perfecto, pero tampouco é cuestíon de deixalo para a última hora. Sorte e boa búsqueda.

No hay comentarios: