miércoles, 30 de abril de 2008

Especial Día da Nai

Flores, perfumes, roupa e xoias son os regalos máis socorridos para este día que está a caer, pero é cuestión de botarlle un pouco de imaxinación para atopar algo orixinal e diferente. A continuación, unhas pequenas ideas para sorprender ata ás nais que están de volta de todo.

Para nais amantes da natureza: este domingo é unha escusa perfecta para sorprendela con unha comida ó aire libre nalgún entorno natural. Dar un pequeno paseo e pasar unha xornada relaxada en compaña de toda a familia.

Para nais moi madrugadoras: Se madruga todos os días da semana, regálalle un domingo de descanso, cun almorzo a domicilio para comezar ben o día.

Para nais tecnolóxicas: busca os gadgets mais innovadores ou aposta por un clásico. Un reproductor mp3 coa música que a ela lle gusta para que poida entreterse mentras sae a pasear, un marco de fotos dixital, unha cámara de fotos para que inmortalice os mellores momentos ou un ordenador portatil poden ser algunhas das ideas.

Para nais que non son nada tecnolóxicas: poida que sexa un bo momento para subilas ó tren das novas tecnoloxías. Apuntaa nun curso básico de manexo de ordenadores ou de acceso a internet. Como ó día seguinte é luns, pode empezar de inmediato, antes de que se bote atrás.

Para as nais máis intelectuais: para elas, tres grandes clásicos (literatura, cine e música). Pero tamén a podes sorprender cunhas entradas para unha exposición de arte ou para o teatro.

Para as nais exclusivas: os regalos personalizados poden conseguirse hoxe en moitas tendas de todas as vilas e cidades. A gran variedade de productos que ofrecen fan que sempre exista un para cada gusto e para cada peto. Bolsos, tazas, camisetas, cadros, libretas ou axendas, son sólo algunhas das posibilidades.

Para nais solidarias: as diferentes ONG teñen tendas moi preto de ti, nas que podes atopar productos de comercio xusto tanto de alimentación como de artesanía, papelería, fogar ou moda. Algunhas teñen tendas online nas que se poden adquirir estes productos e ademais outros se cabe ainda máis solidarios.

Para as nais cocinillas: un curso de cociña, repostería ou incluso alta cociña ou cociña exótica podería sorprendela moi gratamente.

Para nais ecolóxicas: adopta no seu nome un laranxo en Valencia ou unha ovella en Segovia e recibirá na súa casa, ademais dunha foto, parte da producción do laranxo ou da ovella.

A intención é sorprendela, polo que os fillos andan os días anteriores á búsqueda do regalo perfecto para ela. Pero non sempre o regalo máis caro é o que mais gusta. A proba é que todas as nais gardan ou recordan os agasallos que os seus fillos lles traían para este día do colexio.

Aínda non é tarde para atopar o regalo perfecto, pero tampouco é cuestíon de deixalo para a última hora. Sorte e boa búsqueda.

Esto é actualidade

- Turquía modera os niveis de censura no país para achegar posicións coa Unión Europea
- As previsións de desprazamentos para esta ponte é de máis de seis millóns segundo fontes da DGT
- O verquido de ADIF en Ourense acadou xa o río Miño
- Sete hoteis de luxo para peregrinos abrirán as súas portas no Camiño Francés para o 2010
- A previsión de inversión para mellorar a traída de auga para Becerreá é de 200.000 euros

martes, 29 de abril de 2008

Déixao e Gaña 2008

A Xunta de Galicia ven de sacar un concurso para todos aqueles fumadores que desexen deixar de fumar. Se deixas de fumar o 18 de maio, ademais de gañar en saúde, terás a posibilidade de gañar distintos premios.
Poden participar as persoas residentes en Galicia, maiores de 18 anos e que fumen diariamente desde hai máis dun ano. Ademais o participante precisa unha testemuña que lle axude a permanecer sen fumar durante, polo menos 4 semanas, desde o 18 de maio ó 15 de xuño de 2008. Ós participantes realizaránselles probas diagnósticas que sirvan para confirmar a súa abstinencia do tabaco.
Entre os numerosos premios hai viaxes ó Caribe, ás Illas Canarias, fins de semana de turismo rural ou termal, cruceiros...
+ información

Esto é actualidade

- ONU e Banco Mundial traballarán cun equipo conxunto contra a crise alimentaria
- Publicado un listado provisional de 200 marcas de aceite de girasol non contaminadas
- Eduardo Zaplana deixa o seu escaño no Congreso para irse a Telefónica
- As familias poden ampliar o prazo da hipoteca sen gastos adicionais
- Profesores de bacharelato e universitarios van hoxe á folga en Galicia
- Un verquido de 50.000 litros de gasoil á rede de sumidoiros de Ourense pon en perigo ó rio Miño
- A maior parte dos accidentes laborais acontecidos en Lugo débense ó incumplimento das normas de seguridade e da lexislación vixente

lunes, 28 de abril de 2008

Esto é actualidade

- Morren 66 personas en China nun accidente ferroviario causado por un fallo humano
- Fontes oficiais autorizan o consumo de aceite de xirasol ó comprobar que non está contaminado
- Nove gardas do porto de Vigo son investigados por contrabando
- As granxas que producen leite ecolóxica conseguen sortear a crise
- O colexio de Pedrafita recibe o premio á innovación educativa da Xunta de Galicia

Actualizadas as listaxes de SEAGA

O pasado venres foron actualizadas as listas de persoal temporal de SEAGA. Os postos para os que sairon as listas provisionais coas puntuacións de cada quen son:
- Peón
- Peón especialista
- Xefe de Brigada
- Técnico de apoio
- Enxeñeiro técnico forestal

Pódense consultar todas as novidades na seccíon de emprego da web de SEAGA.

viernes, 25 de abril de 2008

Prestación económica de pago único por fillo menor de 3 anos a cargo

Desde Asuntos Sociais do Concello de As Nogais, infórmase de que se abriu o prazo para a solicitude da prestación económica de pagamento único por fillo menor a cargo.
Poderán beneficiarse destas prestacións aquelas persoas que teñan fillos/as menores de tres anos e que por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2006, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a este período.
A axuda consiste en un pagamento único de 360 euros por fillo menor a cargo. O prazo de solicitude remata o vindeiro 13 de maio.
Para mais información, poden achegarse ata os servizos sociais do Concello de As Nogais en horario de 9 a 15 de luns a venres.
Convocatoria DOG, Solicitude

Esto é actualidade

- China accede a reunirse con representantes do Tíbet
- Fixose pública a dimisión do Ministro de Economía de Argentina
- España pide axuda ás Nacións Unidas para que actúen contra a piratería en augas de Somalia
- Gandeiros do norte peninsular constitúen unha plataforma para blindarse no referente ó precio do leite
- Un xove lucense sancionado sin carné ata o 2014 por ir bebido e a 50 km/h pola A-6

jueves, 24 de abril de 2008

Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas

Dende hoxe e ata o vindeiro luns, un equipo da inspección técnica de vehículos agrícolas estará na vila das Nogais, na praza de diante da Farmacia. Poderán pasar a inspección os días 24, 25 e 28 de abril en horario de 9:00 a 13:30 e de 15:30 a 18:00.

Esto é actualidade

- Francia descarta a regularización masiva de inmigrantes
- O Poder Xudicial mobilízase polo caos na execución das sentencias
- O sector da construcción denuncia unha caida das ventas superior ó 50%
- A primeira fase da expropiación da estrada que une Becerreá con Navia de Suarna está a executarse durante esta semana
- A inspección técnica de vehículos agrícolas chegou hoxe a As Nogais, onde permanecerá ata o vindeiro luns.

miércoles, 23 de abril de 2008

Esto é actualidade

- A chama olímpica chega a Australia protexida por fortes medidas de seguridade
- Francia, os Estados Unidos e o Reino Unido preparan unha resolución para combatir a piratería no mar
- Os cinco detidos onte por 'kale borroka' en Guipúzcoa son enviados a prisión
- Case 30 detidos por estafar con contratos falsos a inmigrantes
- Vivenda elevará as axudas para a rehabilitación de casas en aldeas e cascos antigos

martes, 22 de abril de 2008

Esto é actualidade

- O Tribunal Supremo dos EEUU denega as apelacións de 11 condenados a morte
- Sarkozy envía emisarios de alto nivel a Pekín para frear o boicot que sufre Francia en China
- A poboación maior de 65 anos duplicouse en Galicia en menos de 30 anos
- A xunta convocará este ano a maior oferta de emprego público
- Os aeroportos galegos pactarán para competir con O Porto
- A pesar da ameaza do dono de Leite Rio, os camións seguen a recoller o leite na zoa

Dia Mundial da Terra

Hoxe celébrase a nivel internacional o Día Mundial da Terra. Unha iniciativa que comezou nos Estados Unidos en 1970 co chamado Earth Day.
Distintas organizacións ecoloxistas promoven hoxe actividades para alertar do perigo que supón para a humanidade o problema do cambio climático.
Para sumarnos a estas iniciativas, na Radio Nogais animamos ós nosos oíntes/lectores a aplicar na súa vida diaria sinxelos xestos que contribuen ó coidado do planeta.

- A sustitución das bombillas tradicionais por outras de baixo consumo
- Instalar dispositivos nos grifos que mesturen auga e aire, aumentando a presión e reducindo o consumo de auga
- Manter o termostato da calefacción por debaixo dos 20ºC
- Aforrar auga quente
- Comprar produtos de papel reciclado
- Comprar alimentos orgánicos e ecolóxicos
- Reciclar
- Empregar o trasporte público ou compartir coche
- Plantar árbores

Unhas medidas, sen duda dirixidas a ser un cidadán responsable e concienciado co medio ambiente e as xeracións futuras.

lunes, 21 de abril de 2008

A tua música

Esta é a tua radio.

Por eso os nosos oíntes son os que seleccionan a música que desexan escoitar. Deixanos aquí os comentarios coas tuas cancións favoritas para engadilas ás nosas listas de éxitos. Tamén o podes facer a traveso do noso teléfono, no 982 36 40 00

Esto é actualidade

-Cruentos combates na capital de Somalia causan 81 mortos y mais de 120 feridos
-Secuestrado por piratas un barco vasco en augas de Somalia
-Evacuado un avión de Air Europa en Caracas tras unha ameaza de bomba
-18 mortos nas estradas durante a fin de semana
-Detidos máis de 800 conductores sin carné no que vai de ano
-Galicia experimenta unha nova sinalización vial que cambia de cor ó baixar a temperatura
-Os talleres lucenses teñen dificultades para atopar man de obra especializada
-Manifestación en Lugo de pais contra a supresión da ESO en varios colexios da provincia

martes, 8 de abril de 2008

Esto é actualidade

- O COI e China estudian suspender o percorrido da antorcha olímpica ante as masivas protestas
- Bush traslada ó Congreso a Lei de Libre Comercio con Colombia
- Cae a maior rede de tráfico de mulleres rusas en España con máis de 70 detidos
- As salas penais en Galicia deixaron un 60% de casos sen resolver no 2007
- Detido un Garda Civil en Pontevedra por vender cocaína
- Un accidente cortou a circulación da A-6 á altura do Corgo na pasada madrugada
- Os concellos que o soliciten poderán usar os centros educativos nas fins de semana
- Unha pizarreira de A Fonsagrada multada con 60.000 euros por danar un xacemento

lunes, 7 de abril de 2008

O Colexio de As Nogais exerce de anfitrión cos rapaces do Colexio de Becerreá

O alumnado e mestres do Colexio de As Nogais exerceron de anfitrións cos rapaces do Colexio de Becerreá, que foron invitados a visitar o centro e a pasar unha xornada de convivencia cos rapaces das Nogais.
Foi este un día cheo de actividades e xogos para os mais novos, no que se aparcaron os libros e se centraron en familiarizar a uns nenos que o vindeiro curso compartirán aula no Instituto de Becerreá.
Desde a primeira hora da mañá, comezaron as actividades en común, entre as que ademais de xogos e un paseo pola vila, os convidados tamén foron agasallados coa representación dunha obra de teatro na súa honra.
Para poñer final a esta xornada lúdico-festiva, os rapaces compartiron unha comida de confraternidade no comedor escolar.
Nos vindeiros días comezará a segunda fase deste intercambio, na que será o Colexio de As Nogais o que visite o colexio de Becerreá.
A reportaxe de mañá estará adicada a este día de convivencia no colexio de As Nogais.

O Presidente da Xunta de Galicia visita hoxe os Ancares

O presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, atópase hoxe nos Ancares, nunha visita oficial na que esta programada unha comida traballo en Becerreá cos alcaldes da comarca dos Ancares e de Quiroga.
Trataranse nesta comida os principais temas relacionados con estas comarcas, principalmente as infraestructuras e o medioambiente. Así como os retos para o futuro e o desenvolvemento destes enclaves naturais.

Esto é actualidade

- Dous mortos e varios feridos nunha folga en Exipto contra a subida de prezos
- 148 tumbas de militares musulmans foron profanadas en Francia
- Case a metade dos falecidos nas estradas durante esta fin de semana viaxaban en moto
- As grandes cidades galegas non depuran as augas de forma eficiente
- O Presidente da Xunta de Galicia, visita a comarca dos Ancares
- O colexio de As Nogais exerce como anfitrión do colexio de Becerreá nunha xornada de convivencia

viernes, 4 de abril de 2008

Informe de vida laboral

A Seguridade Social, tamén conta cunha oficina virtual en Internet. Nesta pódense facer un gran número de trámites, como o de solicitar un informe de vida laboral. Neste informe, aparece a información sobre altas e baixas dunha persona nos distintos réximes do sistema da Seguridade Social. Enchendo un formulario no que se pide información sobre distintos datos personais, o solicitante, pode recibir por correo directamente no seu domicilio este tipo de información. Co DNI electrónico ou cun certificado dixital, os pasos simplifícanse moito, pero se non se dispón de ningún dos dous, tamén se pode acceder a este tipo de información.

Citas en atención primaria no SERGAS

Un dos servizos que a administración presta a través de Internet é a posibilidade de pedir cita para o médico de cabeceira a través da páxina web do Sergas. Este sistema, que xa está implantado en moitos centros de atención primaria, entre eles o de As Nogais, permite aforrar tempo e chamadas. A utilización é moi sinxela e intuitiva. Na páxina principal hai un botón de "Cita atención primaria" e despois tan só hai que seguir unhas sinxelas indicacións coa tarxeta sanitaria a man.
Ademais, está dispoñible as 24 horas do día, aínda que é necesario pedir a cita o día anterior ata as doce da noite.

Esto é actualidade

- O Goberno de Ecuador farase cargo da deuda da Seguridade Social para evitar a súa quebra
- O Dalai Lama é acusado polo Goberno Chino de intentar boicotear os Xogos Olímpicos
- Unha rede de narcotraficantes estafaba ós seus clientes dándolles fariña e azúcar
- Unha muller abandona o seu bebé recén nacido nun caixón do armario ata que falece
- Diminúe a desaparición das abellas en Galicia
- A nova lei de montes non permitirá dividilo monte en fincas de menos de 15 hectáreas
- Falece un operario de 55 anos en Lugo por accidente laboral
- Listas de agarda de expositores para Moexmu, a feira de Muimenta

jueves, 3 de abril de 2008

¿Malos tratos? Asesórate

As mulleres maltratadas, non sempre están nas condicións ou se sinten co apoio preciso para poñer fin a esta situación. A traveso do número de teléfono 016, unha muller maltratada, un familiar, veciño ou amigo, poden recibir o asesoramento que precisan. Este número de teléfono que funciona en todo España é gratuito e non aparece reflexado nas facturas telefónicas. Pódese facer chamadas ó 016 desde teléfonos móbiles ou fixos e sen necesidade de marcar ningun prefixo. Non se trata dun teléfono de denuncia, senon de apoio e axuda, totalmente confidencial.

Renta Básica de Emancipación

A Renta Básica de Emancipación é unha axuda do Ministerio de Vivenda dirixida a mozos de entre 22 e 30 anos para o pago do aluguer da vivenda habitual durante un máximo de catro anos.
Os solicitantes poden percibir 210 euros mensuais durante eses catro anos, ademais de un préstamo de ata 600 euros para o pago da fianza e de 120 euros para a tramitación dun aval, en caso de ser necesario.
Os principais requisitos para acceder a estas axudas son:
- Ter entre 22 e 30 anos
- Dispoñer dunha fonte regular de ingresos que non superen os 22.000 euros brutos anuais
- Acreditar unha vida laboral de polo menos seis meses de antigüidade
- Ser titular do contrato de aluguer
Atoparedes toda a información sobre condicións, prazos de solicitude, formulario, etc. na web Vivienda Joven e no teléfono gratuito 900 900 707

Esto é actualidade

- Pekin condena a prisión ó reaccionario Hu Jian
- Un caso de corrupción obliga al Primer Ministro irlandés a dimitir
- A Generalitat transportará auga en tren a Barcelona para paliar a sequía
- Duas nenas foron feridas nun atropelo en Vigo
- Condenado a tres anos de prisión un "camello" en Lugo que tiña no seu poder menos de un gramo de heroina
- A Consellería de Industria deu a sua aprobación para instalar as placas solares do Concello de Lugo no polígono do Ceao
- Detido o suposto autor do atraco ó hotel de Sarria no que foi ferido por un disparo o recepcionista
- Piden un ano de cárcere para un xove que cambiou as pracas de matricula dun ciclomotor

miércoles, 2 de abril de 2008

Colaboradores musicais

O noso agradecemento a aqueles que nos envían a súa colaboración musical e colaboraron coa Radio das Nogais desde os seus inicios:
X-tasixLatina (Jazzmary - New York)
Dj. Castillo (Monforte)
Manu-Dj. (Monforte)
Manix-Dj. (M. Sanjurjo)
Dj. P. Valiña (Sarria)
Iván López (Lugo) colaborador histórico da emisora
e por suposto Monlatino (Dj. oficial da emisora).

Esto é actualidade

- O Reino Unido paraliza a retirada das tropas de Irak pola violenta situación en Basora
- Detido un home en Alcobendas por apoñular á súa moza
- O paro cae en España un 0.6% no mes de marzo
- Descenso tamén do paro en Galicia despois de sete meses de subida
- Unha familia de Baiona resulta intoxicada mentras durmia por inhalar monóxido de carbono
- Un relixioso acusado de estafar 600.000 euros a unha anciana en Ourense
- As industrias lacteas ameazan con outro descenso no prezo do leite ós produtores
- Acusado un pederasta en Lugo por abusar da súa filla e dunha sobriña

Microcréditos a mulleres

A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e Caixa Galicia, asinaron o convenio do Programa de Microcréditos a Mulleres Emprendedoras e Empresarias. O obxectivo deste programa é contribuir á posta en marcha de medidas que melloren as condicións de acceso a créditos financeiros das mulleres emprendedoras e empresarias que queiran desenvolver o seu proxecto empresarial en Galicia.
O importe máximo destes créditos é de 18.000 euros, cantidade que non debe superar o 95% da inversión necesaria. Non é preciso ter un aval xa que o aval vai ser o plan de empresa que se presente. Existe un teléfono de asesoramento gratuito, o 900 859 888, no que se facilita toda a información referente ó prazo de amortización, os intereses e comisións.
Este programa tamén é valido para actividades que leven funcionando un periodo de tempo inferior a dous anos.
Máis información en Vicepresidencia, Folleto1, Folleto2.

Casimiro (Tineo - Asturias) Recibido por correo electrónico 28/02/08

Enhorabuena por la emisora. En el día de hoy me he encontrado con la agradable sorpresa de la recepción con total nitidez de su emisora que se recibe con absoluta calidad, nada menos que en Tineo (Asturias), es decir a unos 200 km. por carretera. Merecen un aplauso por su iniciativa en un municipio de poca población como el suyo. Reciban un saludo y gracias de un asturiano con vinculación en Lugo.

Casimiro

75 anos do Museo Provincial

O Museo Provincial de Lugo está celebrando os seus 75 anos de vida cunha ampla e variada programación. Concertos, exposicións, cursos, obradoiros, talleres e actuacións van a encher ó museo de vida durante este ano.
Algunhas das actividades programadas son:
Proxecto Abertal. Exposición colectiva de artistas lucenses representativos do século XXI.
Curso a arte galega no Museo Provincial de Lugo. Obradoiros programados durante todo este ano cos que se pretende unha aproximación ó mundo artístico de Galicia. Neste mes de abril está programado o curso de Arte Barroco e a relevancia do mesmo na provincia de Lugo.
75 festas para celebralo. Ata xaneiro de 2009, todos os sábados e domingos ás 12 da mañá os máis novos teñen unha cita no museo con contacontos, monicreques, títeres, poesía, maxia e outras diversións.

Non hai excusa para non pasarse polo Museo Provincial durante este 2009, xa que a meirande parte, senon todas as actividades, son de entrada gratuita.

martes, 1 de abril de 2008

A agricultura ecolóxica

A agricultura ecolóxica é unha forma de producción que basada no respeto polo medio natural, na non utilización de compostos químicos e na búsqueda da excelencia e a calidade dos productos.
Segundo o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, o sumarse a este tipo de agricultura, permite ós produtores vivir e traballar nun ambiente menos contaminado e máis equilibrado, sen riscos de toxicidade e sen esquilmar os recursos naturais, o que asegura a utilización dos mesmos tanto a el, como as xeracións futuras.
O consumidor, coa certificación que emite este consello regulador, asegurase que adquire produtos máis saudables. Ademais, o consumidor tamén busca neste tipo de produtos o fomento de sistemas produtivos que axudan ó desenvolvemento sostible do planeta.
Os produtores ven neste modelo de agricultura, unha gran posibilidade de negocio, xa que ainda son poucas as empresas galegas que redirixiron o modelo de produción para facelo ecolóxico, e a demanda deste tipo de produtos está medrando de forma imparable en moitos países europeos e por suposto, tamén en Galicia. Ademais este tipo de produtos están máis valorados e normalmente mellor pagados que os produtos convencionais.
O vindeiro luns 7 de abril, a agricultura ecolóxica centrará a nosa reportaxe diaria, que se emitirá nos informativos das 15.00 horas e as 18.00 horas

Incorporación de mozos á actividade agraria

A Consellaría do Medio Rural, co obxectivo de favorecer o relevo xeracional dos titulares de explotacións agrarias, convoca axudas para a incorporación de mozos a esta actividade.
Esta convocatoria tamén inclúe axudas dirixidas ós mozos para mellorar as estruturas de produción das explotacións agrarias, o asesoramento de explotacións ou o fomento de métodos de produción agraria compatibles co ambiente.
Máis información sobre estas axudas pódese atopar na páxina web da Consellería de Medio Rural e na Convocatoria.

Contacta con nós

Con este post abrimos unha nova sección no blog e invitamos a todos os nosos oíntes, e ahora tamén lectores, a que nos fagan chegar as súas consultas, os seus comentarios ou as súas historias. Poderedes contactar con nós a traveso dos comentarios feitos nos distintos artigos do blog, a traveso do noso teléfono 982364000 ou a traveso do noso coreo electrónico nogais107fm@gmail.com.

As historias que nos contedes, iremolas publicando nesta sección.

Esto é actualidade

- Francia vai enviar outros mil soldados máis a Afganistan
- Os agricultores da Arxentina non chegan a acordos coa presidencia e continúan o paro
- Bono foi elexido finalmente como Presidente do Congreso
- Un conductor foi detido por comprar un carné de conducir falso
- Aberto o prazo para confirmar o borrador da declaración da renda
- A Facultade de Empresariais de Lugo acolle un seminario sobre emprendedores
- O butelo e a androlla de Galicia pasarán a ter indicacións xeográficas propias

Declaración da Renta ano 2007

A partir de hoxe, 1 de abril, os contribuíntes poden confirmar o borrador da Renta que a Axencia Estatal de Administración Tributaria está enviando ós contribuíntes que o solicitaron. Despois de revisar o borrador, o contribuínte pode completalo ou rectificalo antes de dar a súa confirmación, xa que a confirmación do mesmo vai a supoñer a presentación da declaración do Imposto sobre a Renda das Personas Físicas (IRPF). O prazo para a confirmación do borrador remata o 30 de xuño, salvo se o resultado é a ingresar que remata o 23 de xuño.
Para confirmalo existen múltiples vías: Internet (web da Axencia Tributaria), teléfono 901 12 12 24, sms ó 5025, caixeiros automáticos e oficinas bancarias.
Se ainda non solicitou o borrador, pode facelo a traveso da páxina web da Axencia Tributaria antes do 23 de xuño.