viernes, 28 de marzo de 2008

Probas para a obtención do graduado en ESO para maiores de 18 anos

A Consellería de Educación convoca as probas para a obtención do graduado en Educación Secundaria Obrigatoria para os maiores de 18 anos. Poderanse presentar tanto os alumnos matriculados en ensinanzas para adultos como os que o fagan por libre. Os contidos sobre os que se examinarán ós alumnos serán os referidos ás áreas de lingua, ciencia e tecnoloxía e ciencias sociais.

Os prazos de inscrición para a realización destas probas son:
- Para realizar o exame en xuño: do 15 ó 26 de maio
- Para realizar o exame en setembro: do 1 ó 4 de setembro
Convocatoria DOG

Buscadores de emprego na rede

En internet hai unha gran cantidade de portais que actúan como enlaces entre os demandantes de emprego e as empresas que ofertan postos de traballo. Nestas webs podes introducir o teu curriculo e acceder a distintas ofertas de traballo da comunidade, de todo España ou doutros paises do mundo. Os portais máis coñecidos son: Cimo - Monster - Infojobs - Infoempleo - Laboris - Galicia Empleo

Esto é actualidade

- O presidente de Colombia aproba o intercambio de prisioneiros coas FARC
- O abandono de documentos confidenciais en Doniños, vai ser motivo dunha investigación interna por parte da Armada
- O accidente de "El Cordero" motiva unha querella presentada pola CIG
- Un sismo de 2,6 sacude o concello de Sanxenxo en Pontevedra
- Casi medio millar de inspeccións da lei do tabaco foron realizadas por Sanidade na provincia nos tres primeiros meses do 2008
- Condenado un vixilante xurado por agredir a dous xoves en Lugo
- Oscar Doral, enxeñeiro forestal de San Román de Cervantes, premiado co galardón Bernardo de la Torre ó mellor proxecto de fin de carreira

InfoXove Marzo 2008

Xa se publicou o boletín de información xuvenil do mes de marzo que elabora a Xunta de Galicia. Atópase dispoñible no seguinte enlace: InfoXove marzo 2008

Axudas a alumnos non universitarios para a adquisición de ordenadores

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca novas axudas para a adquisición de ordenadores persoais, xa sexan portátiles ou de sobremesa.

Os destinatarios desta campaña son os alumnos matriculados en primaria ou ESO en centros sostidos con fondos públicos. Estos non poden haber obtido unha axuda para o mesmo fin nunha convocatoria anterior.

Convócanse 2.666 axudas únicas de 300 euros cada unha. As solicitudes deberán facerse entre o 11 de marzo e o 10 de abril do 2008.

Folleto - Impresos de solicitude

jueves, 27 de marzo de 2008

Turismo Social para a Terceira Idade

Desde Asuntos Sociais do Concello de As Nogais infórmase de que está aberto o prazo de solicitudes para o programa de turismo social. Este consiste nuns días de vacacións e descanso en zonas turísticas ou balnearios ubicados en Galicia, noutras comunidades autonómas de España ou noutro país, co fin de mellora-la calidade de vida, o envellecemento activo, a autonomía e a saúde dos nosos maiores.

Para este programa hai tres modalidades:

- Turismo termal todo incluído: aloxamento e manutención en réxime de pensión completa, tratamentos termais, transporte, actividades socioculturais e de tempo libre a realizar no destino, seguro e asistencia sanitaria.

- Turismo termal só tratamento: esta modalidade inclúe unicamente os tratamentos termais. O desprazamento e demais gastos corren a cargo do usuario.

- Turismo de intercambio: viaxe de 8 días en réxime de pensión completa á vila de Esposende en Portugal.

O programa está dirixido ós pensionistas e ós cónxuxes do pensionista para o que non se require criterio algún de idade. O prazo de presentación de solicitudes remata o 11 de abril do 2008, poderán atopar máis información nos Servizos Sociais do concello de As Nogais en horario de 9 a 15 horas e de luns a venres.

Esto é Actualidade

- Tres membros dunha mesma familia morren no incendio da súa casa en Aranga (Coruña)
- As firmas galegas especialízanse en exportacións internacionais
- O presidente da Xunta de Galicia mostra a súa oposición ó embalsamento do río Navia
- O Concello de Lugo e a Deputación Provincial ocuparán a presidencia da UNED por turnos
- Intentan dar cun estafador que vende anuncios falsos na guía telefónica das páxinas amarillas
- A asociación ecoloxista Adega promove un roteiro polos Ancares o vindeiro domingo
- O concello das Nogais informa de que xa está aberto o prazo de solicitudes para as actividades de verán dirixidas á xente moza

Campamentos e actividades de verán 2008

A Xunta de Galicia ven de abrir o prazo para a solicitude de actividades e campamentos de verán dirixidos ós mozos de entre 9 e 35 anos.

Esta Campaña de Verán ofrece a posibilidade de que a mocidade poida participar, individualmente ou en grupo en distintas actividades:
- Actividades para rapaces de 9 a 17 anos: rutas por Galiza, actividades cos idiomas do inglés e do galego, actividades de deporte e recreación, actividades no mar, en bicicleta e a cabalo pola natureza, teatro, aventura, piragüismo e remo, obradoiros de iniciación á investigación, teatro ou campamentos temáticos.
- Actividades para mozos entre 18 e 35 anos: iniciación á fotografía, travesías en dorna, obradoiros de artes plásticas, multiaventura, cruceiros polas rías galegas e cursos de navegación e mergullo deportivos.

O prazo de solicitude rematará o vindeiro 11 de abril do 2008. Para máis información poden achegarse ata as oficinas de Servizos Sociais do Concello de As Nogais en horario de 9 a 15 horas e de luns a venres. Tamén poden informarse no teléfono xove 902 152 535 ou nós seguintes enlaces: Folleto, Convocatoria DOG.