jueves, 31 de julio de 2008

Esto é actualidade

-O Consello de Seguridade prolonga a estadía dos cascos azuis en Dafur
-O COI acepta a censura na rede durante as olimpiadas
-A morte dun neno apuñalado en Francia conmociona o país
-Máis de vinte detidos por fraude a entidades financieiras
-Aparece o cadaver dunha muller flotando en Riazor
-A DGT espera máis de 6 millóns de desprazamentos nos próximos catro días

miércoles, 30 de julio de 2008

Esto é actualidade

-China envía a un campo de traballo a un mestre que publicou fotos do terremoto
-Un sismo de 5.4 graos sacude a cidade de Los Ángeles sen ocasionar víctimas
-En prisión os dous etarras detidos en Francia
-O COI permite a participación de Irak nos Xogos Olímpicos
-Os billetes de España son os que teñen máis restos de cocaína en Europa
-O 9% do persoal hospitalario está de baixa todo o ano

martes, 29 de julio de 2008

Esto é actualidade

- Amnistía Internacional suspende a China en materia de deritos humáns a só 10 días do comezo dos Xogos Olímpicos
- Un menos permanece en estado grave despois de ser apuñalado en Madrid
- A Xunta anuncia a conxelación dos salarios dos altos cargos
- Detido un empresario en Vigo por espiar á competencia cun virus informático
- A Asociación Memoria Histórica exhumará a principios de agosto restos dunha fosa común de Quiroga

lunes, 28 de julio de 2008

Esto é actualidade

- Rabat insiste en que Ceuta e Melilla son marroquíes
- Tres mulleres suicidas matan a máis de 25 chiitas en Bagdad
- A Unión Europea opta por non impoñer sancións pola xestión da Xunta no verquido de Brenntag
- Localizan tres cadáveres no interior dun coche afundido nunha canle en Lleida
- Solbes recoñece a gravidade da crise, pero pide optimismo
- Cinco mil galegos optaron ó carné de moto ante o cambio no modelo de exame

jueves, 24 de julio de 2008

Esto é actualidade

-Un terremoto de 6.8 graos en Xapón provoca 115 feridos
-A tormenta Dolly ameaza con inundar a zona fronteiriza entre México e EEUU
-A Garda CIvil atopa un zulo de ETA na Rioxa
-O paro subiu en 207.400 persoas no segundo trimestre
-Detido un famoso médico en Barcelona por instalar unha cámara web no lavabo da consulta
-Detido un santiagués que esixía diñeiro en nome de ETA

miércoles, 23 de julio de 2008

Día de Festa Local

O vindeiro Luns día 4 de agosto é festa local no concello de AsNogais, polo que estarán pechadas ó público tódalas oficinas e comercios.

Atópanse ó cobro os recibos correspondentes ó Padrón de vehículos de Tracción Mecánica do ano 2008

Desde o Concello infórmasenos de que os recibos correspondentes ó Padrón de Vehículos de tracción mecánica se atopan xa ó cobro.
O pago destes recibos, que non estean domiciliados, será dende o día 1 de xullo ó 31 de agosto, ambos inclusive, quedando incursos no recargo e costas correspondentes, todos aqueles que non efectúen o pago no prazo voluntario.

Esto é actualidade

- Un grupo de turistas españois atacado no Senegal
- China arresta outro ciberdisidente a falta de poucos días para o comezo dos Xogos Olímpicos
- Italia outorga a inmunidade que perseguía Silvio Berlusconi
- Vivenda vai destinar máis de 300 millóns á promoción do aluguer para superar a crise
- Zapatero recibe a Rajoy por primeira vez nesta lexislatura
- O vindeiro catro de agosto é festa local no Concello de As Nogais
- Atópanse ó cobro os recibos correspondentes ó Padrón de Vehículos de Tracción Mecánica do ano 2008
- Hoxe celébrase unha xuntanza informativa sobre o Banco de Terras nas Nogais

martes, 22 de julio de 2008

Esto é actualidade

- Detido o criminal de guerra máis buscado de Europa
- Londres endurece as condicións para cobrar o paro
- A Garda Civil desarticula o comando Vizcaya de ETA
- Roca admite pagos ó xuiz Urquía a cambio de favores legais
- Case o 20% da madeira que entra no territorio da Unión Europea é ilegal

Reunión do Banco de Terras


O mércores a partir das oito e media da tarde, vaise celebrar unha xuntanza informativa sobre o Banco de Terras da Consellería de Medio Rural.
A reunión terá lugar en As Nogais, nas oficinas que ocupaba antes a Cámara Agraria.
Nela daráse conta desta iniciativa de arrendamento e aluguer de terras e de como se pode implementar no concello de As Nogais.

Para unha maior información sobre o tema poden dirixirse á páxina web de Bantegal ou ó teléfono de información da oficina de Becerreá 982 360243

viernes, 18 de julio de 2008

Esto é actualidade

- Novo verquido de uranio en Francia
- O rei belga non acepta a dimisión do seu primeiro ministro
- Decenas de turistas homosexuais permanecen detidos nos Emiratos Árabes
- O Supremo ratifica os 120.000 anos de cárcere para os autores do 11M
- Detidos catro duncionarios de prisión por vender teléfonos móbiles ós reclusos
- O ladrón da xefatura policial de Sevilla sustituía a droga por talco e azucar
- As xogadoras de Hockey españolas que deron positivo nun control do preolímpico foron declaradas inocentes

jueves, 17 de julio de 2008

Esto é actualidade

- O Senado arxentino rexeita a polémica lei dos aranceis
- Bruselas acaba co monopolio da SGAE
- O Supremo mantén a absolución de "El Egipcio" pola masacre do 11-m
- Rouban cen kilos de droga na xefatura da policía de Sevilla
- A Garda Civil sorprendeu a dous mozos roubando gasóleo
- A compra de puntos de carné na rede, un negocio que non acaba de despegar

miércoles, 16 de julio de 2008

Axudas para discapacitados e maiores

Desde o Servizo de Asuntos Sociais do Concello de As Nogais infórmase de que se abriu o prazo para a presentación de solicitudes para axudas para persoas discapacitadas e persoas maiores. Estas axudas van dirixidas a maiores de 65 anos ou minusválidos nas modalidades de:
- Adaptación funcional do fogar
- Eliminación de barreiras arquitectónicas
- Axudas para próteses dentais e audífonos
- Outras axudas técnicas
O prazo de presentación rematará o vindeiro 9 de agosto. Para máis información poden achegarse ós Servizos Sociais do Concello en horario de 9.00 h a 15.00 h e de luns a venres.

Esto é actualidade

- Berlusconi obten o voto de confianza dos diputados para o novo decreto sobre seguridade
- Da comezo o canxe de presos entre Israel e Hezbolá
- A Fiscalía propón prisión preventiva para os incendiarios reincidentes
- Martinsa-Fadesa asegura que cumprirá os contratos cos seus clientes e que a constructora segue traballando con normalidade
- O novo patronato da Semana Verde constituirase en setembro

martes, 15 de julio de 2008

Esto é actualidade

- Rusia e Venezuela confirman as conversacións sobre a creación dun banco estatal en común
- O rei Alberto II inicia as consultas políticas para estudar a dimisión do primeiro ministro belga
- Prisión para catro dos imputados por tráfico de drogas en El Molar
- O sector da construcción leva a bolsa ós mínimos dos últimos anos
- Solbes explicará este mes no Congreso os últimos datos económicos e as medidas ante a crise
- O Boletín Oficial do País Vasco publica a lei de consulta de Ibarretxe
- Medio Ambiente anuncia un proxecto piloto para recuperar espazos degradados do Caurel

lunes, 14 de julio de 2008

Esto é actualidade

- Detidas 18 persoas en China por vender a sete nenos de entre 2 e 9 anos
- Tres acusados do complot contra avións comerciais do Reino Unido decláranse culpables
- Protestas contra o Papa en Australia
- Caen nunha redada antidrogas o xefe de polícia de El Molar e dous gardas civís
- A central nuclear de Cofrentes sufre en 15 días o seu cuarto incidente
- Galicia prepárase para reacoller moitos dos profesionais emigrados
- O Parlamento Galego da luz verde á reforma do imposto de sucesións

jueves, 10 de julio de 2008

Esto é actualidade

- A emboscada ás forzas de paz en Dafur sáldase con sete mortos
- Xapón e Brasil acordan colaborar na investigación sobre biocombustibles
- Morren quince emigrantes, entre eles nove nenos, nunha patera localizada en Almería
- A Unión Europea supedita as axudas pola crise á reconversión da flota naval
- Prisión sen fianza para o detido en Paterna por abusos sexuais a menores
- Nove anos de cárcere por gardar na súa casa 19 kilos de cocaína para traficar
- O oso pardo experimentou nos últimos vinte anos unha importante recuperación

martes, 8 de julio de 2008

Esto é actualidade

- O G8 comprométese a reducir as emisións de CO2 nun prazo vergoñento
- A Unión Europea suaviza o pacto de inmigración francés, pero mantén a dureza contra os ilegais
- Vueling e Clickair cordan unha fusión para crear a aeroliña low cost máis grande de España
- Un de cada catro fogares galegos vive con menos de 1.000 euros mensuais
- A Xunta, os sindicatos e a patronal acordan un paquete de 300 medidas para saír da crise
- Tres lucenses foron atracadas a pasada fin de semana cun obxecto punzante

lunes, 7 de julio de 2008

Esto é actualidade

- Da comezo a cumbre do G8 en Xapón
- Un atentado suicida no centro de Kabul deixa máis de 40 mortos
- A primeira operación saída do verán sáldase con dezaseis falecidos
- Bloqueado un servidor de internet que suplantaba á policía dando citas para sacar o DNI
- O aluguer medio en Galicia dispárase a 565 euros
- Nadal volve a escribir na historia do tenis
- Pamplona vístese de branco e vermello nas festas de San Fermín

jueves, 3 de julio de 2008

Esto é actualidade

- Ingrid Betancourt, secuestrada polas FARC desde fai 6 anos, foi liberada onte
- Morre unha persoa en accidente laboral en Madrid
- Desarticulado unha banda de falsificación de tarxetas en Tarragona
- As novas tarifas eléctricas poden supoñer unha diferencia de preto de mil euros anuais de gasto
- A Asociación de Internautas ánima ós consumidores a comprar na rede en tendas que non cobren o canon dixital
- Lugo encabeza a lista de denuncias penais por exceso de velocidade
- As excavacións arqueolóxicas de Becerreá foron reanudadas e continuarán durante un mes

miércoles, 2 de julio de 2008

Axudas ó aluguer para estudiantes de Formación Profesional



A Consellería de Vivenda e Solo, vén de convocar por segundo ano a liña de axudas denominada bono-vivenda, e que poden solicitar os mozos e mozas que cursen ciclos formativos de Formación Profesional en centros públicos situados a máis de 50 quilómetros do seu domicilio habitual.
O obxectivo deste programa é paliar os gatos derivados do alugueiro de vivenda dos estudantes de ciclos formativos de Formación Profesional como consecuencia da dispersión xeográfica da oferta formativa.

O prazo para presentar as solicitudes comeza o 1 de xullo e permanecerá aberto ata o 30 de setembro.

En canto á contía da axuda, concederase un máximo de 2.000 euros a cada beneficiario, que serán ingresados mediante transferencia bancaria. A axuda nunca poderá exceder a contía resultante de multiplicar a renda de alugueiro polo número de meses que dure o ciclo formativo.

Para ter máis información sobre este programa dirixirse á páxina web da Consellería de Vivenda ou ao número de teléfono 981 541 982

Esto é actualidade

- Acusan a Francia de violar os dereitos humanos na súa loita antiterrorista
- Declarado o estado de emerxencia en Mongolia despois dos disturbios electorais
- O tabaquismo feminino e a obesidade lastran a loita europea contra o cáncer
- O xove accidentado por unha zambullida en A Coruña sufre unha tetraplexia
- O para diminúe na comunidade galega a pesar de subir no resto de España
- Os descontos dos primeiros días das rebaixas acadan o 60% do prezo

martes, 1 de julio de 2008

Verán... que festivais!

Festival de Ortigueira - 10, 11, 12 e 13 de xullo - Ortigueira - web
Cultura Quente - 11 e 12 de xullo - Caldas de Reis - web
Serra de Queixa - 19 de xullo - Chandrexa de Queixa - web
Festigal - 24 e 25 de xullo - Santiago de Compostela - web
Pardiñas - 2 e 3 de agosto - Guitiriz - web
Arteficial - 7, 8 e 9 de agosto - Ribadavia - web
Rock in Cambre - 14 de agosto - Cambre - enlace relacionado
Reperkusion - 19, 20 e 21 de setembro - Allariz - web

Bilbao Live 2008 - 4, 5 e 6 de xullo - Bilbao - web

Monegros Festival - 12 de xullo - Huesca - web
FIB - 17, 18, 19 e 20 de xullo - Benicàssim - web

Summercase - 18 e 19 de xullo - Madrid/Barcelona - web

Derrame Rock - 18 e 19 de xullo - Asturias - web
Euroyeye - 30 e 31 de xullo, 1, 2 e 3 de agosto - Gijón - web
Paredes de Coura - 31 de xullo, 1, 2, e 3 de agosto - Paredes de Coura (Portugal) - web
ExpoZaragoza - todo o verán - Zaragoza - programación concertos

Esto é actualidade

- Latinoamérica decide plantar cara ó endurecemento da política migratoria en Europa
- O emprego de munición real durante un simulacro do Exército causa 17 feridos en Francia
- O pederasta Ulrich Schulz foi detido en Lisboa despois de 6 anos de búsqueda
- A Ministra de Defensa retoma o mando e cesa a toda a cúpula militar
- Os militares toman os montes galegos para a prevención de incendios
- Conclúe a fase de restauración das pinturas da Igrexa de Donís