viernes, 30 de mayo de 2008

Esto é actualidade

- Detidos 53 nixerianos por estafar a 1.500 personas simulando que lles tocara un premio na lotería
- Morre nun accidente de helicóptero o máximo responsable da policía chilena
- As lonxas galegas están prácticamente paralizadas pola protesta no sector pesqueiro
- Vivenda vai a dar axudas de 6.000 euros por incluir un piso vacío na súa bolsa de aluguer
- Galicia xa ten selección de baloncesto en cadeira de rodas

jueves, 29 de mayo de 2008

Esto é actualidade

- Irak pide á comunidade internacional a cancelación da débeda externa e as sancións impostas a Sadam Hussein
- Unha explosión nun apartameto destapa a un grupo francés que atentaba contra os radares das estradas
- Galicia perde 22 bandeiras azuis no seu litoral
- Os armadores lucenses abren as protestas e ameazan con desabastecer as lonxas
- Os traballadores do servizo de limpieza do Concello de Lugo e da Deputación Provincial, protestan tirando ovos e ketchup en ambos organismos

miércoles, 28 de mayo de 2008

III Feira de empanada As Nogais

Resumo de prensa:

Agotadas las existencias de empanada en la feria gastronómica de As Nogais El Progreso (páxina 5)

Vídeos da conexión en directo da TVG no programa A revista fin de semana:
agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Envianos as túas fotos ou vídeos para publicar na galería

Esto é actualidade

- Colombia asegura que as FARC planeaban atentar en Madrid contra personalidades colombianas
- Segundo arresto por apoloxía terrorista en menos de 24 horas
- Crean unha brigada de policía que perseguirá os delitos contra os traballadores
- Detido un ladrón en Vigo que se caeu ó río cando intentaba fuxir da policía

martes, 27 de mayo de 2008

Esto é actualidade

- Un xuiz chileno ordena a detención de 98 ex axentes da dictadura de Pinochet
- Un camión cargado de explosivos sofre un accidente e queda colgado dunha ponte en Lleida
- Dous cadáveres foron localizados en Galicia, un nunha cabina dun camión e outro flotando nun rio
- Un garda civil acusado de poñer droga no coche da muller dun amigo para favorecer a este na separación

lunes, 26 de mayo de 2008

Esto é actualidade

- O Exército chino dinamita un lago para evitar a morte de miles de personas
- A sonda «Phoenix» da NASA pousase sobre Marte
- España entre os 6 paises con maior piratería, según EE UU
- A UE aproba o inicio das negociacións de cooperación estratéxica con Rusia
- un mineiro falece ó derrubarse unha balsa de auga e lodo en Santa Lucía (León)
- Dous mortos e 4 feridos nun accidente laboral nas obras do novo Mestalla

miércoles, 21 de mayo de 2008

Esto é actualidade

- Gran golpe á banda terrorista ETA, con seis altos cargos detidos
- Imputados o ex xefe da cúpula militar e cinco mandos máis polo 'caso Yak'
- Condenado o xove vigués que provocou a morte dun matrimonio nun accidente de tráfico
- Máis de 38.000 lucenses de entre 18 e 29 años viven ainda na casa dos pais
- Piden 118 años de prisión para oito galegos detidos con 2.600 kilos de droga
- Seis lucenses detidos por roubar cable de cobre de liñas eléctricas

martes, 20 de mayo de 2008

Esto é actualidade

- O Reino Unido propón unha base de datos para chamadas telefónicas e e-mails
- Varios países da UE opóñense a cambiar a política agraria
- Un novo falecido por accidente laboral na provincia de Pontevedra
- Un taxista vigués detido por saltarse cinco semáforos en vermello
- Imputado un sarriano de 70 anos por conducir sen carné

viernes, 16 de mayo de 2008

Esto é actualidade

- Un centenar de mortos pola explosión dun conducto de combustible en Nigeria
- O litro de diésel segue batendo records históricos ó superar os 1,23 euros
- Imputado os dous farmacéuticos que venderon sulfato de manganeso mal etiquetado en Barcelona
- Os prezos da vivenda baixarán en Galicia un 3,4% máis que no resto de España, segundo un estudo dunha entidade financieira
- A USC presenta o máster en industrias leiteiras que comezará o vindeiro ano no campus lucense
- Efectivos da policía acordonan unha rúa de Sarria para deter unha banda de ladróns
- Medio Ambiente selará o vertedoiro de Triacastela

miércoles, 14 de mayo de 2008

Búscanse mulleres e homes de 17 a 80 anos

Unha produtora busca na zona dos Ancares extras para unha película que terá localizacións en O Cebreiro, Triacastela, Sarria e Portomarín.
Os anuncios piden mulleres e homes, entre os 17 e os 80 anos de idade. Os interesados en participar deberán presentarse no Centro de Artesanía de Pedrafita (venres 16 maio de 17.30 - 20.30 h e sábado 17 maio de 10.30 - 13.30 h) ou na Antiga Cárcere Comarcal de Sarria (sábado 17 de maio de 17.30-20.30 h e domingo 18 de maio de 10.30 a 13.30 h)

Esto é actualidade

- A sociedade española desperta coa noticia dun novo atentado de ETA
- A ONU advirte de que se podería estar formando outro ciclón sobreBirmania
- Dez detidos en Barcelona e Madrid por estafas con billetes falsos
- Aprobada a lei da minería que regularizará as canteiras ilegais
- A Audiencia revoca o procesamento dos militares que mataron a José Couso
- o centro de Transfusión de Galicia alerta ante a escaseza de sangue, que obriga a suspender operacions
- Aberto o prazo para solicitar axudas destinadas a erradicar a infravivenda nos núcleos rurais
- Novos avances na reforma do voto exterior en Galicia

martes, 13 de mayo de 2008

Esto é actualidade

- O número de mortos en China polo sismo supera xa os 12.000
- Desarticulada unha rede de falsificadores de tarxetas de crédito
- A xuiza ordena prisión para trece policías imputados polo caso de extorsión en Coslada
- As reservas de auga aumentan en Cataluña
- Medio Ambiente ultima a creación de 70.000 hectareas máis de Parques Naturais

lunes, 12 de mayo de 2008

Esto é actualidade

- 17 mortos menos nas estradas nesta fin de semana en comparación coa mesma no 2007
- Aragón esixirá a cancelación do trasvase a Barcelona se Cataluña sae da situación de emerxencia
- Ingresa no hospital un preso que levaba máis de 500 doses de droga no corpo para vendelas no cárcere
- O xefe da policía de Coslada declárase inocente
- A garda civil de Mós localiza á xove desaparecida no municipio

viernes, 9 de mayo de 2008

Esto é actualidade

- A tenista galega Lourdes Domínguez está retida en Beirut xunto con outras dúas deportistas españolas
- Buscan a catro espeleólogos holandeses perdidos en Cantabria
- Segundo Cáritas, en Galicia hai máis de 100.000 personas excluidas socialmente
- Os furanchos xa teñen unha normativa que regulará a súa actividade
- Os prezos da vivenda usada caeron na provincia de Lugo durante o mes de abril

jueves, 8 de mayo de 2008

Esto é actualidade

- Vladimir Putin convértese en primeiro ministro ruso
- O Rei vai a presidir mañá o Consello de Ministros que será celebrado na Zarzuela
- Detidos case 30 axentes da policia local de Coslada (Madrid) por extorsión
- España proba que o navío do caso Odyssey era propiedade da armada española
- 370 empresas galegas foron multadas no pasado exercicio por non tratar os residuos que xeneran

miércoles, 7 de mayo de 2008

Esto é actualidade

- Gibraltar serve de base a un novo submarino nuclear
- A estabilidade no sector lácteo cada vez máis preto despois do contrato lácteo homologado asinado onte polas industrias lacteas e os produtores
- Case trinta empresas foron expedientadas e multadas en Lugo por incumprir as normas de seguridade no traballo
- A información cartográfica de Galicia poderase adquirir nun disco duro que poñerá á venta a administración
- A selección de personal contra incendios seguirase a facer a través da empresa pública SEAGA para garantir a igualdade de oportunidades
- O colexio de San Román de Cervantes vai acoller unha olimpiada tecnolóxica para a ESO

martes, 6 de mayo de 2008

III Feira da empanada e productos dos Ancares

As Nogais acollerá o vindeiro 25 de maio á celebración da III Feira da empanada e productos dos Ancares coa organización da Asociación de Empresarios de As Nogais.

Sábado 24 maio
17.00 h Espectáculo de maxia co Mago Teto
18.00 h Xogos infantís con música, animadores e paiasos
19.30 h Concurso de empanada caseira e licores caseiros
22.00 h Festa e verbena coa Orquesta Son da Televisión

Domingo 25 maio
12.00 h Apertura da feira. Pasarrúas a cargo da Banda de Música de As Nogais e outros grupos folclóricos da comarca
13.00 h Recepción de autoridades
13.30 h Degustación dos productos da Feira e concerto da Banda de Música de As Nogais
14.30 h Sorteo dun lote de produtos dos ANCARES e dúas fins de semana para dúas persoas en aloxamentos de turismo rural de As Nogais
17.00 h Festival folclórico tradicional
20.00 h Festa e verbena a cargo do Dúo Camelia

Durante toda a xornada do domingo os restaurantes da vila ofrecerán menús a base de produtos típicos da comarca

lunes, 5 de mayo de 2008

Esto é actualidade

- Pekín e o Dalai Lama manterán outra ronda de encontros
- As primeiras axudas chegan a Birmania tra o paso do ciclón
- O armador do barco secuestrado en Somalia foi quen pagou o rescate
- 39 personas faleceron nas estradas durante a pasada ponte
- Galicia está á cola de Europa na cifra de alumnos que escollen Formación Profesional
- Ferrol, Vigo e Lugo teñen os cascos antigos peor conservados de Galicia
- O número de hipotecas firmadas en Lugo descendeu considerablemente no pasado trimestre
- O Real Madrid convértese no gañador da Liga e celebra o triunfo en Cibeles

viernes, 2 de mayo de 2008

Esto é actualidade

- Turquía retoma os bombardeos contra rebeldes kurdos en Irak
- España e Francia ultiman un pacto de control migratorio que implique a Europa
- Detido un islamista vinculado ó 11-M
- Cinco gandeiros imputados por hormonar vacas con sustancias prohibidas
- Sanidade paraliza en Lugo 3.000 kilos de aceite contaminado de Ucrania
- A Tenreira Galega amosou a sua mellor imaxe na feira de Láncara
- Descuberto en Palas un chófer escolar baixo os efectos do alcohol

miércoles, 30 de abril de 2008

Especial Día da Nai

Flores, perfumes, roupa e xoias son os regalos máis socorridos para este día que está a caer, pero é cuestión de botarlle un pouco de imaxinación para atopar algo orixinal e diferente. A continuación, unhas pequenas ideas para sorprender ata ás nais que están de volta de todo.

Para nais amantes da natureza: este domingo é unha escusa perfecta para sorprendela con unha comida ó aire libre nalgún entorno natural. Dar un pequeno paseo e pasar unha xornada relaxada en compaña de toda a familia.

Para nais moi madrugadoras: Se madruga todos os días da semana, regálalle un domingo de descanso, cun almorzo a domicilio para comezar ben o día.

Para nais tecnolóxicas: busca os gadgets mais innovadores ou aposta por un clásico. Un reproductor mp3 coa música que a ela lle gusta para que poida entreterse mentras sae a pasear, un marco de fotos dixital, unha cámara de fotos para que inmortalice os mellores momentos ou un ordenador portatil poden ser algunhas das ideas.

Para nais que non son nada tecnolóxicas: poida que sexa un bo momento para subilas ó tren das novas tecnoloxías. Apuntaa nun curso básico de manexo de ordenadores ou de acceso a internet. Como ó día seguinte é luns, pode empezar de inmediato, antes de que se bote atrás.

Para as nais máis intelectuais: para elas, tres grandes clásicos (literatura, cine e música). Pero tamén a podes sorprender cunhas entradas para unha exposición de arte ou para o teatro.

Para as nais exclusivas: os regalos personalizados poden conseguirse hoxe en moitas tendas de todas as vilas e cidades. A gran variedade de productos que ofrecen fan que sempre exista un para cada gusto e para cada peto. Bolsos, tazas, camisetas, cadros, libretas ou axendas, son sólo algunhas das posibilidades.

Para nais solidarias: as diferentes ONG teñen tendas moi preto de ti, nas que podes atopar productos de comercio xusto tanto de alimentación como de artesanía, papelería, fogar ou moda. Algunhas teñen tendas online nas que se poden adquirir estes productos e ademais outros se cabe ainda máis solidarios.

Para as nais cocinillas: un curso de cociña, repostería ou incluso alta cociña ou cociña exótica podería sorprendela moi gratamente.

Para nais ecolóxicas: adopta no seu nome un laranxo en Valencia ou unha ovella en Segovia e recibirá na súa casa, ademais dunha foto, parte da producción do laranxo ou da ovella.

A intención é sorprendela, polo que os fillos andan os días anteriores á búsqueda do regalo perfecto para ela. Pero non sempre o regalo máis caro é o que mais gusta. A proba é que todas as nais gardan ou recordan os agasallos que os seus fillos lles traían para este día do colexio.

Aínda non é tarde para atopar o regalo perfecto, pero tampouco é cuestíon de deixalo para a última hora. Sorte e boa búsqueda.