miércoles, 14 de mayo de 2008

Búscanse mulleres e homes de 17 a 80 anos

Unha produtora busca na zona dos Ancares extras para unha película que terá localizacións en O Cebreiro, Triacastela, Sarria e Portomarín.
Os anuncios piden mulleres e homes, entre os 17 e os 80 anos de idade. Os interesados en participar deberán presentarse no Centro de Artesanía de Pedrafita (venres 16 maio de 17.30 - 20.30 h e sábado 17 maio de 10.30 - 13.30 h) ou na Antiga Cárcere Comarcal de Sarria (sábado 17 de maio de 17.30-20.30 h e domingo 18 de maio de 10.30 a 13.30 h)

No hay comentarios: