martes, 22 de julio de 2008

Reunión do Banco de Terras


O mércores a partir das oito e media da tarde, vaise celebrar unha xuntanza informativa sobre o Banco de Terras da Consellería de Medio Rural.
A reunión terá lugar en As Nogais, nas oficinas que ocupaba antes a Cámara Agraria.
Nela daráse conta desta iniciativa de arrendamento e aluguer de terras e de como se pode implementar no concello de As Nogais.

Para unha maior información sobre o tema poden dirixirse á páxina web de Bantegal ou ó teléfono de información da oficina de Becerreá 982 360243

No hay comentarios: