miércoles, 16 de julio de 2008

Axudas para discapacitados e maiores

Desde o Servizo de Asuntos Sociais do Concello de As Nogais infórmase de que se abriu o prazo para a presentación de solicitudes para axudas para persoas discapacitadas e persoas maiores. Estas axudas van dirixidas a maiores de 65 anos ou minusválidos nas modalidades de:
- Adaptación funcional do fogar
- Eliminación de barreiras arquitectónicas
- Axudas para próteses dentais e audífonos
- Outras axudas técnicas
O prazo de presentación rematará o vindeiro 9 de agosto. Para máis información poden achegarse ós Servizos Sociais do Concello en horario de 9.00 h a 15.00 h e de luns a venres.

No hay comentarios: