viernes, 6 de junio de 2008

A solidariedade está dentro de ti


A solidariedade está dentro de ti é o lema da campaña do Centro de Transfusión de Galicia que vai a traer a unidade mobil de donacións o vindeiro luns á vila de As Nogais.

As reservas de sangue en Galicia están en mínimos. Aínda que ningún dos grupos se atopa en situación crítica, todos están nun nivel baixo, tal e como recoñecen no Centro de Transfusión de Galicia, por eso é importante que todas as persoas que estén en condición de donar sanque se acheguen a estas unidades móbiles.

Gracias á colaboración das persoas que participan neste acto altruísta, o CTG pode dar cobertura hemoterápica ós hospitais de toda a comunidade, especialmente cando se trata de urxencias médicas e de operacións quirúrxicas.

Consulta na web os requisitos que hai que cumprir para ser donante e achégate o luns de cinco e media a sete da tarde ata a praza do concello.

No hay comentarios: