miércoles, 11 de junio de 2008

I Ximnastrada Vila de Becerreá

A vindeira fin de semana celébrase en Becerreá a I Ximnastrada Vila de Becerreá,
organizada polo Club Gimnasia Rítmica Becerreá, no que están integradas as deportistas locais Miriam, Lua e Gael.
O equipo de Becerreá, dirixido por Mónica, ten a penas un ano de vida, pero un ano ben aproveitado para facer canteira e dar a coñecer esta modalidade deportiva entre as rapazas da comarca, con vistas a que sexa un clube que se manteña no tempo.
No evento, sen ánimo competitivo, participarán ademais deportistas de distintos clubes e escolas deportivas de Sarria e Ribadeo.

No hay comentarios: